"Programas de participación radial"
conducido polo Lic. Leonardo Stemberg, transmitido por Radio Trece de luns a venres de 22:00 a 24:00 hs.
Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.
Neste artigo, publicado en xullo de 1998 na revista La Latina(La Laguna-Tenerife), o autor, Irvin Berlín Villafana, director de Radio Universidade, Televisión, apunta un breve diagnóstico sobre os medios de servizo público atendendo a evolución da radio nos casos de Europa e América Latina.
Algo para recordar. Un filme dos noventa no que Tom Hanks encarna a figura dun PAI viúvo ó que seu fillo tenta buscar parella escribiendo unha carta a un programa de radio. No intre no que o home esta contando a súa historia de soidade en antena, Ryan, que escoita por casualidade o programa de radio, c´hama á emisora contando que está a piques de casar e que non se siente namorada desa parella.A partires dese momento, ela fará o posible para dar con esa voz anónima que quere conocer.
O cine foi un medio que empregou como recurso argumental nas súas historias os programas de participación en radio. A típica historia de “chico busca chica”, que nos serve para ejemplificar, anque dun xeito un pouco máis bucólico que o real, a confianza que os receptores poden ter nunha voz, nun espazo radiofónico, para contar a súa historia, agardando, na meirande parte das ocasións unha repercusión (efecto, resposta) nas súas vidas.
Arturo Merayo ofrece unha visión do panorama radiofónico na era dixital na súa comunicación "Formación, nuevos contenidos y creatividad sonora: apuestas para un tiempo de incertidumbre tecnológica" feita para as XV Xornadas Internacionais da Comunicación, celebradas na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra en 2000.
Na súa ponencia afirma o seguinte:
" Esta nova radio feita para a web e escoitada na web será, sen ningunha dúbida, unha parte esencial da radio do século XXI na que se van combinar as tres modalidades: a) programación tradicional difundida a través de Internet en tempo real; b) programación que o oínte selecciona de entre o menú que se ofrece na rede; c) programación demandada por ou configurada expresamente para cada oínte".
Hola, son MJ, este é o meu primeiro día no blog. Nesta primeira publicación recopilei información sobre artigos escritos en revistas académicas de cuestións relacionadas coa radio. Localicei dous artigos sobre xéneros radiofónicos en comunicación e sociedade:
- Reseña de Merayo a un libro de Martínez Moreno, 2004.
- E outro artigo de Enma Rodero sobre locución radiofónica, 2003.
Mandádeme o material que poidades conseguir.
Graciñas pola vosa colaboración!!