Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

20.1.05

A Idea fronte á Técnica: o Valor da Persoa na Radio Dixital

Este artigo, publicado na revista dixital "Razón y Palabra", a profesora Aurora García fala da transformación da participación no medio radiofónico na era dixital.
"Entre os cambios que a revolución dixital introduciu nos nosos modos de entender a radio, pódense sinalar de xeito sintético a lo menos tres paradigmas de evolución. En primeiro termo a transformación no xeito de ofrecer os contidos, do fluxo de programas a programas en stock. O segundo paradigma é o cambio dos formatos temáticos ós servizos á carta personalizados. E o último dos paradigmas enunciados é a radio polos ollos: o audio e os datos multimedia".