Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

15.1.05

Nas fins de semana "Quedamos na galega"

Quedamos na galega é un programa de entretemento cun obxectivo fundamental: buscar a complicidade dos oíntes nocturnos da Radio Galega a través do debate sobre os máis variados temas. Presentado e dirixido por Xosé Luis Portela e coa miña colaboración, podédelo escoitar as madrugadas dos sábados e domingos entre as dúas e as sete da mañán. !Idelo pasar de vicio, prométovolo!. Esta fin de semana, sorprendeunos unha oínte anunciando a súa próxima voda! tén 54 anos e casa cun de 34, e por riba con pasta! (hainas con sorte, está claro!!)