Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

11.2.05

"Cuéntame" un programa solidario nas noites de Canal Sur


O programa de Canal Sur Radio "CUÉNTAME" é unha clara aposta polo diálogo e a comunicación entre os andaluces. Un espacio para compartir unha historia, para contar unha experiencia.
Neste espazo radiofónico atopan cabida as relacións afectivas, de parella, amistade, amor e desamor, incomprensión, malos tratos, inmigración, inserción laboral, desemprego, necesidade de afecto, ou simplemente un minuto para poder comunicar. O obxectivo deste programa é poñer en contacto aos oíntes con tódolos colectivos que apoian a solidaridade, a axuda e a asistencia social.