"Arriba gomaespuma!!"
Cando les noticias deste tipo, non deixas de crer na laboura social que poden chegar a facer os medios de comunicación e nas repercusións, traducidas en mans solidarias, que pode ter un programa de radio cunha filosofía peculiar. Con ledicia puiden ler este venres no xornal "El mundo" que o programa "Gomaespuma" que actualmente se emite nas mañás de Onda Cero, vai viaxar a Sri Lanka para entregar en persoa os 71.000 euros que recadou entre os oíntes para axudar ás víctimas do tsunami. Os fondos recadados irán destinados á escolarización de nenos que o perderon prácticamente todo tralo maremoto. Ademáis, garantirase a compra de alimentos e a roupa dos nenos a 200 familias ó longo de tres anos.




1 Comments:
Ola MJ,
comparto contigo a paixón pola radio. Fun ointe de madrugada moitos anos ("habitei" un turno de noite...). Cheguei a facer radio na galega, e quedoume para sempre aquel calor no corpo. Nada que ver co labirinto de cables da TV (demasiada luz para min). Respecto a Gomaespuma...son os millores. Ah, y están pola tarde, non pola mañan.
Saudos.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home