Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

18.4.05

Investigacións en radio (México-1996)

O estudo da recepción e mailos efectos dos medios na sociedade e a cultura é un tema moi recurrente nas investigacións en comunicación. Non só no campo da televisión, tamén no da radio. Neste senso, Héctor Gómez Vargas publica un artigo no ano 1996 baixo o título "Transformaciones culturales en México y gestación de públicos locales: propuestas para investigar biografías radiofónicas" no que fala de estudos culturais apoiándose en teóricos teóricos como García Canclini, Reguillo e Galindo. Tamén menciona óos estudos de recepción que defenden distintos teóricos como Wolf, Fuentes, Mattelart, entre outros. Gómez Vargas intenta dar resposta no seu estudo ó influxo que aporta un medio coas características da radio ó desenvolvemento histórico-cultural e cotián dunha sociedade e viceversa. Fala da radio nos seguintes termos: "A radio conecta e relaciona o que acontece, ou non acontece, entre o foráneo e o local. Falamos dos inicios e o desenvolvemento dun novo xeito de socialización e de acceder e apropiarse das representacións da vida e do mundo: ademáis de escola, libro de texto gratuito, biblioteca ambulante, a radio será unha sociedad alternativa".