Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

20.4.05

A participación da muller nos magazines de radio en España



Algúns dos estudos que se presentan en Razón y palabra dan importancia á relación entre o xénero e os medios de comunicación. Neste bloque de contidos atopamos o artigo La Articulación del Discurso femenino en la Radio de Pilar López Díezun extracto de Tesis Doutoral realizada en 1992 para a Universidade Complutense de Madrid na que se efectuou unha análise de contido en tres magazines españois das principais emisoras nacionais: RNE, SER e Onda Cero. Os programas escollidos foron, por orde "Cambia la cara", "Protagonistas", e "Hoy por hoy". Nesta investigación interesou analizar tres aspectos dende a perspectiva do xénero; de quen se fala nos magazines das mañás da radio española; en segundo lugar, a quen se chama para participar, e en terceiro lugar quen chaman ós espazos para falar á audiencia, é dicir, a participación da audiencia. O que se analiza son extractos de emisións nos programas onde se establece unha conversa entre o conductor e o oínte. Describe o trato, a linguaxe empregada, o tempo que fala cada un, o tono da charla, a temática...baseándose nos traballos sobre a linguaxe realizados por teóricos como Lakoff, Turner, Pearson e Todd-Mancillas.

2 Comments:

Ás 23 de diciembre de 2005 15:35, Anonymous Barry escribiu...

For great prices and those hard to get items just check us out at http://www.bnbshoppersnetwork.com

 
Ás 11 de febrero de 2006 16:15, Anonymous open365dayz escribiu...

Hi #NAME#. Just found your site via weight loss. Although I was looking for weight loss I was glad i came upon your site. Thanks for the read!

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home