Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

7.10.05

O desenvolvemento cultural a través dos medios locais: exemplos da Radio e TV en Chile

Neste texto de Valerio Fuenzalida, baixo o título "Modelos de TV y radio y su influencia en la génesis cultural" abórdase a influenza dos medios locais no progreso e na busca da identidade cultural das rexións. Segundo o autor, o fenómeno das radios locais por unha banda pon en tela de xuízo o suposto efecto de homoxeneización que producirían os medios masivos programados de xeito centralizado, e por outra banda, constitúe unha resposta ás necesidades de expresividade cultural que os centros urbanos non sinten realizadas a través da información e o entretemento masivo. Ante a transnacionalización e o efecto globalizador meditático, a radio eríxese coma un medio que pode contribuir a preservar a identidade cultural nacional e local. Non só a través dos contidos que emite, senón tamén na precura do desenvolvemento social da comunidade.