Radio Nocturna

Hola,saúdos a todos, son MJ, unha amante da radio. Este blog pretende recoller comentarios e publicar artigos referidos ós xéneros radiofónicos e ós programas de radio, en concreto os programas emitidos na madrugada. Grazas pola vosa colaboración.

2.11.05

Texto de Lalinde, A.M sobre a participación en radio

Ana Mª Lalinde Posada fala sobre o xénero da participación en radio informativa comercial. Co artigo" Radio informativa, ¿Es posible la participación?" publicado na revista Signo y Pensamiento a autora aborda as posibilidades do xénero no caso colimbiano, un país cunha ralidade concreta que se manifesta na cultura e na ideoloxía que construiu o discurso sobre o fenómeno da participación no medio radiofónico. Non só dende o eido profesional, senón o concepto desenvolvido no propio actor (oínte-audiencia) que lle outorga un significado concreto ó feito de participar en medios de comunicación e do que eso supón á hora de intervir dalgún xeito na propia organización social.